RadioVigo
RADIO VIGO
PROGRAMACIÓN
NOVAS
ESCOITA A RADIO
RECURSOS HUMANOS
CONTACTO
LSSI
RadioVigo
VisitasVisitas
Visitas Escolares
Visita Virtual
Enlace a páXina de Facebook de Radio Vigo, Grupo de Comunicación
Escoita online Cadea Ser
RADIO VIGOSeparador¿QUEN SOMOS? | AS EMISORAS | INSTALACIONS | EQUIPAMENTO | LOCALIZACIÓN
¿QUÉN SOMOS?

A historia da radio en Vigo, está íntima e inseparablemente ligada ao que facer profesional e empresarial de Don Eugenio González de Haz, quen ao longo de décadas exerceu como empresario innovador e de singular éxito, pero tamén como profesional do medio, no que exerceu como director de emisora dende a súa propia condición de xornalista.

A radio en Vigo comezou a súa andaina o 24 de abril de 1934, nuns modestos estudos da rúa Abeleira Menéndez e cuns primitivos equipos. Esa esforzada condición empezaría a cambiar radicalmente, nunha evidente expansión e capacitación, a partir de 1939, cando don Eugenio González de Haz se fai cargo da xestión e propiedade da estación radiofónica.

Anos máis tarde, concretamente no ano 1941, inaugúranse os estudos situados nun piso da céntrica Rúa do Príncipe. Sendo en Setembro de 1957 cando Radio Vigo se integra na Cadea SER.

Durante a década dos 70 a empresa familiar convértese en Sociedade Anónima e a finais da década prodúcese un cambio de instalacións a uns novos locais da Rúa Policarpo Sanz. As instalacións da Rúa do Príncipe cumprían por aquel entón 40 anos e chegara o momento de dar un novo impulso á emisora, sobre todo coa posta en marcha das emisoras na F.M e coa incorporación da emisión de LOS 40 PRINCIPALES.

En 1993 comeza as súas emisións en Vigo M80 RADIO froito da fusión de Cadena Minuto e Radio 80. Pouco despois intégrase Cadena DIAL a Radio Vigo - Grupo de Comunicación e no ano 2002, a última incorporación foi o da emisora MÁXIMA FM, completándose con iso a maior e mellor oferta radiofónica do Sur de Galicia composta por 6 emisoras que lanzan a súa programación durante as 24 horas os 365 días do ano.

No ano 2006, Radio Vigo Grupo de Comunicación dá un paso máis na súa aposta de futuro e modernización, trasladándose a uns novos estudos totalmente dixitalizados e situados na Rúa Areal 6, un emblemático edificio que data de 1879.

 

zona restrinxida ZONA RESTRINXIDA
anunciate en Radio Vigo
certificados de emision
Fondos Públicos
Notas legais
Radio Vigo Castellano Galego ZONA RESTRINXIDA aviso legal creditos Pasarela de Pagos Grupo Radio Vigo Accesibilidade RadioVigo Grupo de comunicación Política de calidade